Mostrando postagens com marcador feminismo. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador feminismo. Mostrar todas as postagens

segunda-feira, 5 de maio de 2008

Relevo na Comarca de Vigo

Na Asemblea Comarcal de Vigo realizada o pasado día 2 de Maio de 2008, por unanimidade chegáronse aos seguintes acordos:

Solicitar reiteradamente ao ata o de agora Secretario Comarcal en Vigo de Esquerda Nacionalista, el Sr. D. Pedro Gómez-Valadés a súa continuidade no posto neste novo período. Rexeitamento que tamén foi feito reiteradamente argumentado a saturación de traballo que lle suporía ser Secretario de Comunicación de Esquerda Nacionalista e Secretario Comarcal en Vigo.

Realizouse entón un repaso a magnifica labor ao fronte da Comarca de Vigo do Sr. D. Pedro Gómez-Valadés e valorouse como excepcional a súa achega dende o traballo constante na comarca de Vigo ao Nacionalismo Galego e polo tanto a Galiza.

O Secretario Comarcal en funcións fixo unha proposta de novo Secretario e Vice-secretario Comarcal que foi aprobada por unanimidade, quedando polo tanto nos postos designados pola Asemblea o seguintes nomes:

Secretario Comarcal de Vigo
Fernando R. Dacosta

Vice-secretario Comarcal de Vigo
Quico Recondo

sábado, 8 de março de 2008

Muller


Por Pilar Rahola

Non falarei de nós. Nun día coma hoxe, as estatísticas recordarán a porcentaxe de mulleres que non cobran igual que os homes polo mesmo traballo. Ou as dificultades de ser muller, triunfar profesionalmente e non morrer no intento. Ou a tolemia de conciliar a vida laboral e a sobrecarga do traballo doméstico. E nas zonas máis escuras da información, aparecerá a tráxica marca de mulleres asasinadas a mans das súas parellas. Sensibles ao 8 de marzo, recordarase ás 146 mulleres calcinadas en Nova York, cando mantiñan un peche na fábrica téxtil Cotton, na que protestaban polas terribles condicións de traballo que sufrían. E quizais alguén falará de Lisístrata, a primeira feminista recoñecida como tal, cando na antiga Grecia organizou unha folga sexual das mulleres contra os homes para parar unha guerra. O día está sobrecargado de homenaxes, informacións sensibles, debates que intentan entender a dificultade de cambiar o paradigma social do dominio. E todo será bo, porque nada é suficiente cando se loita contra o prexuízo, a discriminación e falta de oportunidades. Pero eu non falarei de nós. Sei que tería motivos para elevar o queixume, a queixa e, ¡ai!, a indignación. Sei que fica moito por facer no longo camiño cara a unha sociedade máis paritaria e, polo tanto, máis xusta. Sei que hai mulleres que sofren, porque non chegan, non respiran, non poden. Pero coa sensibilidade erizándome a pel, a pesar de todo, non falarei de nós. Seino, nós cambiamos as leis, trastornamos en poucos anos a sociedade patriarcal de centenares de séculos, saímos á rúa e estamos empezando a conquistala. Con dificultades, pero aí estamos. E tamén están eles, os nosos colegas da vida, os nosos cómplices, os nosos homes. Algúns, aínda ancorados nas rémoras do dominio antigo. Outros, co desconcerto ao lombo, amando a mulleres libres, quizais sen entendelas. E moitos outros, aprendendo a compartir a liberdade e os seus moitos deberes. Pero non falarei de nós. Porque nós estamos en pé, e o futuro esconde soños. Delas quero falar. Das outras. As que non viven en sociedades libres, non saben o que é ter leis que as protexan, non coñecen a deuses que as tutean nin saben que o amor pode ser de igual a igual. A elas, que nacen escravas ate antes de respirar e morren escravas ate antes de vivir. A elas, as que naceron nas terras onde o islam ensina a súa peor cara, mulleres que non poden ser poetas, mestras, médicas nin avogadas, nin conducir os seus propios coches, amar a quen desexan nin escaparse a outros mundos, sei o seu mundo que as afoga. A elas, que non teñen outras leis que as leis que as converten en propiedade dos seus homes. Esas mulleres que nunca saberán que a vida pode escribirse en feminino e, sobre todo, en singular. A elas, abandonadas de todos, vítimas dun sufrimento que non interesa a ninguén, invisibles no seu desalento, soas na súa escravitude. Se algún sentido ten aínda levantar vellas bandeiras, é por elas, que non contan en estatística algunha nin son obxecto dunha resolución condenatoria da bonita ONU. As mulleres sen cara, sen mans, sen pernas, as mulleres de negro dese islam tortuoso que non ten alma. Para elas, o día, a loita, o recordo. E tamén para elas, os millóns de mulleres que sufriron mutilación xenital. A maioría, nenas mutiladas antes da puberdade, algunhas tan pequenas que aínda non saben falar, pero xa saben berrar cando a coitela curta a súa intimidade. Millóns nos desertos de Somalia, nos pobos rurais de Exipto, na pequena Ghana e na gran Gambia. Algunhas delas, mutiladas nos barrios onde as cidades europeas perden o seu nome. Mulleres que non saberán nunca o que é o desexo sexual, que sufrirán dores terribles nos partos, que, quizais, morrerán desangradas. E con elas e por elas, a todas as nenas que son vendidas con cinco, con seis anos, para encher de carne infantil os bordeis do mundo. Por todas elas, alzo hoxe a voz, o queixume e a rabia. Porque hoxe é o seu día, aínda que ninguén o diga. Aínda que ninguén o saiba.

www.pilarrahola.com

quinta-feira, 24 de janeiro de 2008

Violencia de Xénero.

Público comprométese: Decálogo para informar sobre violencia de xénero.

Por primeira vez en España un xornal, Público, dótase dun Código autorregulatorio para informar sobre a violencia de xénero. Desde que este grave problema social saíu á luz grazas aos medios de comunicación, publicáronse varias guías con recomendacións e normas para o seu tratamento xornalístico. Con todo, ata agora ninguén se comprometeu a cumprilas. En Público queremos facelo. O noso decálogo recolle algunhas propostas dos principais especialistas na materia e conta co asesoramento de Pilar López Díez, experta en comunicación e xénero.

A partir de agora, os redactores de Público comprometémonos a que o noso decálogo sexa de obrigado cumprimento e pedimos aos nosos lectores que así nolo esixan.


DECÁLOGO

Usaremos os termos “violencia de xénero”, “violencia machista”, “violencia sexista” e “violencia masculina contra as mulleres”, por esta orde. Rexeitamos as expresións “violencia doméstica”, “violencia de parella” e “violencia familiar”.

A violencia de xénero non é un suceso, senón un problema social. Por iso, non lle daremos este tratamento. Non publicaremos fotos nin detalles morbosos.

Nunca identificaremos ás víctimas nin incluiremos información que poida prexudicalas a elas ou á súa contorna.

Respectaremos sempre a presunción de inocencia dos agresores. Unha vez haxa sentencia condenatoria, identificarémolos debidamente, destacaremos o castigo e intentaremos incluílo nos titulares.

Nunca buscaremos xustificacións ou “motivos” (alcol, drogas, discusións...). A causa da violencia de xénero é o control e o dominio que determinados homes exercen contra as súas compañeiras.

Evitaremos as opinións de veciños ou familiares que non sexan testemuñas directas dos feitos. En calquera caso, nunca recolleremos opinións positivas sobre o agresor ou a parella.

Intentaremos ofrecer opinións de persoas expertas na materia. Priorizaremos as fontes policiais e da investigación. Non se informará con precipitación.

Só incluiremos testemuños de víctimas de malos tratos cando non se achen en situación de urxencia ou baixo calquera tipo de presión.

Denunciaremos tamén a chamada violencia continuada (agresións, malos tratos psicolóxicos... aínda que non teña resultado de morte).

Sempre incluiremos na noticia o teléfono gratuíto de axuda ás víctima (016) e calquera outra información que lles poida ser útil.

http://www.publico.es/039014/publico/compromete/decalogo/ionformar/violencia/genero